24 abr. 2013

Taberna- Café- Museo "A BAIUCA"


Na Travesía de Arteixo nº 213 (Arteixo- A Coruña), mesmo frente do edificio do Concello, existe un lugar dende o pasado 27 de marzo de 2013 onde tomar algo convértese nun exercicio de cultura galega e onde moitos venres e sábados se pode disfrutar de boa música en directo. Escoitar, aplaudir, cantar ou bailar ó gusto de cada un.


 
 
Os seus donos son Miriam Cuiña e Bieito Romero, ó que todos recoñeceredes como fundador e líder do grupo Luar na Lubre levando o nome de Galicia por cáseque tóda-las partes do mundo coa súa música.


 
 
Recoméndovos encarecidamente a visita e asegúrovos que non quedaredes indiferentes. E ademáis, por se isto fora pouco, contareivos un segredo: as tapas están riquísimas.
 
As fotos pertencen ó día da inauguración e a outros días de "foliada". Quería subir algún vídeo da festa pero non é posible por cuestións técnicas. Así que non vos queda máis remedio que acercarvos a A Baiuca e vivila en directo.
 
Déixovos ademáis o enlace a súa páxina en facebook: https://www.facebook.com/TabernaCafeMuseuABaiuca?fref=ts


 

 

 

 

 

 

 

 
 


Lembrade pinchar enriba das fotos para ve-las a tamaño maior.
 
 
 ¡ LUME NA BAIUCA !
 
 

2 comentarios:

  1. Muy buenas fotos y de calidad que bueno ir a una taberna asi con la musica nuestra como alegran el corazon y con buenos amigos,un saludo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Realmente es un lugar distinto, Manolo, un lugar con personalidad y buen ambiente y muy bien gestionado. Da gusto entrar por su puerta y mucha pereza marcharse...Un besito!

      Eliminar